top of page

A pataca, pese a súa importancia, non ten o recoñecemento popular que debería. Estamos ante un produto que fora de Galicia non ten nin o mesmo trato nin o mesmo sabor polo que apostamos porque este producto teña o recoñecemento que se merece, un recoñecemento do que presumir.

 

Os galegos sempre nos sentimos orgullosos do que temos e queremos que coa pataca galega pase o mesmo e non esquecernos dela por ser un alimento diario.

 

Da mesma maneira tamén serve un pouco de protesta no sentido de denuncia da situación que están a vivir aqueles cuxo traballo está relacionado con este sector. Un sector que, pese a súa gran importancia, non recibe as axudas suficientes e ve perigar o produto ou a súa calidade. Isto é debido ao alto custe e os baixos beneficios á hora de competir con outras variedades estranxeiras, de calidade moito menor, mais baratas.

bottom of page