top of page

A zona de Bergantiños, na provincia de A Coruña, engloba os municipios de Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica e Ponteceso como importantes para a produción de Pataca Galega.

 

Coristanco, 'Terra da Pataca'

Dende A Saca das Patacas achegámonos a Coristanco, na Comarca de Bergantiños, coñecido como “Terra da pataca”. 

 

Concretamente fomos á parroquia de Valenza visitar a Casa Agro do Cruceiro, de Dolores Rodríguez. Esta granxa está incluída no proxecto Granxafamiliar.com, cuxa finalidade é impulsar o desenvolvemento social, económico e cultural no medio rural galego. Os seus obxectivos específicos, entre outros, son: promocionar os produtos de maneira global a través de Internet, introducir no mercado a produción tradicional de autoconsumo familiar e incrementar as rendas familiares no medio rural galego.

bottom of page