top of page

As nosas recetas

Clica nas imaxes para saber como elaborar estes pratos

Patacas á importancia

Un prato sinxelo, rico e atrevido para o que só necesitaras:

- Tres patacas

- Tres ovos

- Fariña 1/2 vaso

- Aceita de oliva 1/2 vaso

- Pirixel

- Media cebola

- Un vaso de viño branco

- Unha cunca de auga

 

A que esperas para empezar a desfrutar das patacas do país?

 

Patacas á importancia

Pasos para a elaboración:

1. Pelamos as patacas e cortámolas en círculos non moi grosos.

2.  Batemos os 3 ovos e rebozamos as patacas en fariña e logo pasámolas polo ovo batida antes de botalas a tixola onde xa temos  aceite a quecer

3. Unha vez que as patacas estean douradas quitámolas da tixola e colamos o aceite. Este aceite colado utilizarémolo para pochar cebola, previamente cortada.

4. Cando a cebola estea pochada colocamos as patacas e botámoslle o viño e a auga e deixamos que se fagan durante uns 20 min

5. Quitámolas do lume e colocámolas nunha bandexa

6. Para terminar, decoramos con pirixel o gusto de cada quen

 

A que esperas para empezar a desfrutar das patacas do país?

Patacas salteadas con crema agria

A mellor maneira de facer algo para picar é con patacas, polo que aquí vos deixamos os ingredientes para facer unhas ricas patacas saltedas.

- 3 ou 4 patacas

- Sal

- 3 cabezas de allo

- Cáscara de unha lima

- Pirixel

Moi sinxelo, fai click no vídeo e sorprende os teus amigos!

Patacas salteadas con crema agria

Pasos para a elaboración:

1. Lavamos as patacas con abundante auga xa que logo as imos a comer coa pel e cortámolas en pedazos longos.

2. Poñemos nunha pota auga a quentar con sal e cando xa temos as patacas listas botámolas a cocer durante uns 15 min. Non poden cocer moito senón o quitalas desfaranse.

3. Unha vez que as quitemos do lume, pomos unha tixola con aceite de oliva a  quecer e cando estea apunto botamos as patacas.

4. Cando as patacas xa estean medias douradas engadimos  allo cortado en láminas e pirixel. Tamén se lle pode botar un pouco de zumo  de lima.

5. Cando este o allo pochado retirámolas do lume, colocámolas nunha bandexa e engadimos a crema agría segundo o gusto de cada quen.

Tostas de xamón e queixo 

Tostas de xamón e queixo

Esta receta é divertida para disfrutar con toda a familia na que, unha vez máis, a pataca é o principal elemento. 
Ingredientes:
- Patacas galegas, como non!
- Queixo de ovella curado
- Xamón en dados
- Orégano
- Aceite de oliva
- Sal

 

Pasos para a elaboración:
1. Prequentar o forno a 200ºC mentres lavamos e cortamos as patacas en cuartos e as vaciamos ata quedar coa pel e non máis dun centímetro de pataca.
2. Untar a bandexa do forno con aceite de oliva e colocar as patacas coa pel cara arriba. Deixar media hora e darlle a volta. 
3. Cando as patacas estean doradas retirar do forno e poñer sobre cada unha o queixo e o xamón espolvoreando orégano e queixo rallado en función do gusto.
4. Hornear durante 10-15 minutos e servir.

Cestiñas de patacas recheas

Cestiñas de patacas recheas

Ingredientes: 

- Patacas pequenas

- Sal

- Aceite de oliva para fritir

- Salsa brava

- Alioli

- Cebollino

- Palitos de cangrexo

- Maionesa

- Pemento roxo

 

Pasos a seguir:

1. Limpar ben as patacas e lavalas. Non pelalas. Secalas.

2. Cortar un pouco a base de cada pataca para que as cestas asenten ben.

3. Cunha culler pequena sacar o interior da pataca.

4. Salar lixeiramente as patacas e frixilas no aceite ata que se doren.

 

Estas cestas de pataca pódense rechear tanto en frío como en quente.

  • Para o recheo quente empregaremos salsa brava e alioli. Cunha culler de café poñemos a salsa brava quente no fondo da pataca e coroamos cun pouco de alioli frío e cebollino picado para decorar.

  • Para o recheo frío empregaremos 'palitos de cangrejo' picados con maionesa e pemento roxo

 

 

Pommes Anna

Ingredientes:

- Recipiente adecuado para forno

- Papel de aluminio

- Patatas

- Manteiga

- Pementa negra 

- Sal

- Queixo raiado

Pommes Anna

Pasos a seguir:

1. Pelar as patacas e córtalas en rodajas de 1 mm. de grosor aproximadamente. Prequentar o forno, arriba e abaixo, a 200º. Poñer o recipiente a quentar con dúas culleradas de manteiga e cando esta se funda, quitar o recipiente do lume.  

2. Colocar a primera capa de rodajas de pataca cubrindo toda a base. Introducir o sal e a pementa. Logo engadir uns dados de manteiga e volver cubrir con outra capa de patacas, sal epementa. Repitir a operación ata formar cinco ou seis capas de patacas.

3. Volver poñer o recipiente ao lume e cando empece a crepitar, pásalo ao horno, cubrindoo con papel de aluminio.

4. Fornear as patacas durante 60 minutos con calor arriba e abaixo a 200 ºC, ata que estean tenras e a superficie dourada.

Patacas recheas de atún

Ingredientes: 
- Patacas
- Atún
- Salsa de tomate
- Queixo para fundir
- Sal
- Aceite

Patacas recheas de atún

Pasos para a elaboración:

1. Lavar ben as patacas e poñelas a asar no forno durante 30 minutos a 200º. Unha vez listas retiralas, cortalas á metade e quitarlle cunha culler o recheo, deixando un oco. 
2. Preparar noutro recipiente o atún xunto coa pataca sobrante e a salsa de tomate. 
3. Poñer as patacas nun recipiente para o forno, rechealas co atún que preparamos e poñerlle o queixo para fundir por enriba. 
4. Metelas uns minutos no forno para gratinar

 

Ensalada de pataca

Ingredientes:

2 - 3 patacas da terra

- Medio pemento vermello

- Medio pemento verde

- Cebola

- Pepinillos

- 3 ovos cocidos

- Vinagre

- Aceite

- Sal

- Pementa moida

Ensalada de pataca

Pasos par a elaboración:

1. Cocer as patacas sen pel.

2. Facer a vinagreta picando os pementos, a cebolas, os pepenillos e máis os ovos. Ao ter a mestura botámoslle aceite, vinagre, sal e pementa moída ao gusto.

3. Engadir as patacas, mesturar todo ben e listo para comer.

Patacas gratinadas con bechamel

Ingredientes:

- 4 - 5 patacas da terra

- ½ litro  de leite

- 100 gr. de fariña

- 100 gr. de manteiga

- 100 gr. de queixo relado

- Sal

- Aceite

Patacas gratinadas con bechamel

Elaboración:

1. Cocer as patacas con pel durante 25 min con sal ao gusto.

2. Mentres tanto, facer a bechamel mesturando a fariña, a manteiga e o leite. Batelo todo ata que quede unha masa espesa.

3. Quitarlle a pel ás patacas, parilas á metade e baleiralas.

4. Na bandexa do forno, botar un chisco de aceite e colocar as patacas, rachealas da bechamel e esparcir o queixo por riba.

5. Metelas ao forno durante 10 min. a 180º e listas para comer!

bottom of page