
Historia da pataca en Galicia
Ano 8.000 a.C: Aparición, comezou a cultivarse en América do Sur, concretamente nos Andes chilenos e peruanos. Para estes pobos a pataca era o seu sustento principal xa que eran lugares montañosos onde non medraba o trigo, que era o alimento principal dos pobos Incas.
1492: coa chegada a América dos primeiros europeos, chegan a Europa alimentos procedentes do ‘novo mundo’. A pataca foi descuberta por un explorador español, pero non temos constancia dela no noso país ata 1570. As zonas de España nas que primeiro se asentaron foron Galicia e Andalucía por ser os lugares aos que primeiro chegaron os barcos procedentes do ‘novo mundo’.
1560: data de chegada das primeiras patacas a España grazas a Pedro Cieza de León. Foron presentadas a Carlos I e tamén ao papa Julio II pero non se consideraban comestibles e medraban nos xardíns. De España pasou a outros países europeos, onde se usaba como planta ornamental de xardíns e patios.
Séculos XVI e XVII: o alimento principal era a castaña. Debido a unha epidemia que impediu á xente máis pobre o acceso a este alimento comezouse a estender o consumo de patacas. Os monasterios feudais de Galicia obrigaban aos colonos a plantar e consumir patacas para superar a fame producida pola epidemia dos castaños. Ábrese un debate sobre as patacas como alimento. Moitos atribuíanlle propiedades medicinais mentres que outros a acusaban de ser a causante de moitas enfermidades.
En 1785, nunha gran recepción no Palacio de Versalles, un home ábrese paso para presentar a planta como a salvación da morte de moitos franceses e dende entonces o seu consumo foi de rápida expansión.
No século XIX catalóganse 177 variedades grazas a un traballo de Vilmorín. No ano 1990 un botanista afirma que conseguira identificar máis de 3.000 variedades. Isto impulsou numerosos estudos científicos que teñen como base este tubérculo. Con eles xurdiron tamén numerosos avances sobre cultivos e tecnoloxías de produción.
No século XXI é considerada como o cuarto cultivo alimentario mundial. Galicia ten na actualidade a mais grande produción de patacas, repartida basicamente en tres zonas de cultivo: A Terra Chá, Bergantiños e A Limia.